Ir á receita en castelán
- 1 kg limpo de peixe sapo
- 1 lumbrigante mediano
- 1 cebola mediana
- 1 cenoria grande
- 125 grs de tomate frito
- 2 dentes de allo
- Pirixel picado
- 1 vaso de viño branco
- Pementa
- Sal
- Aceite de oliva
Despois de unha semana sen publicar nada, hoxe quero traer unha sopa chea de sabor mariñeiro.
Imos a preparar unha sopa de festa, unha sopa pensando en agasallar os Xosés e os pais. É unha sopa cun custo un pouco por riba da media, pero vai a merecer a pena.
- Cocemos o lumbrigante, para elo poñemos a quecer unha cazola con auga e sal, cunha proporción de 60 grs de sal por litro de auga. Cando a auga rompe a ferver introducimos o marisco e empezamos a contar dende que volve a romper o fervor. Uns 20 minutos para un lumbrigante entre 1,000 e 1,500 kgs. Deixamos arrefriar.
- Cando o lumbrigante é manexable, separamos a cola da cabeza. Valeiramos o interior da cabeza e reservamos. Sacamos a cola enteira e reservamos.
- Nunha cazola cun fondo de aceite, sofritimos a cebola picada, a cenoria en rodelas e os allos picados. Refogamos o conxunto.
- De seguido incorporamos os cachos (caparazóns) e cabeza do lumbrigante. Refogamos un par de minutos o conxunto e engadimos o viño branco. Deixamos que evapore.
- Cubrimos con auga e incorporamos media cabeza do peixe sapo. Deixamos facer uns 20 minutos.
- Retiramos todas as partes duras (cabezas e cachos do lumbrigante). Engadimos perexil picado e o interior da cabeza do lumbrigante reservado. Trituramos ben co batedor.
- Pasamos o resultado polo chino e levamos ó lume para que reduza un pouco.
- NOTA: Ata este punto, podemos deixalo feito de primeira hora da maña, co fin de aliviar traballo para a hora do xantar.
- Retiramos a espiña central do peixe sapo e cortamos en racións. Cortamos en rodelas finas a cola reservada do lumbrigante.
- Levamos a sopa ó lume e, si fose necesario, deixamos reducir un pouco máis. Cando a nosa sopa este quente incorporamos os anacos do peixe sapo e deixamos facer uns 4 ou 5 minutos. Retiramos do lume e engadimos as rodelas do lumbrigante.
- Neste momento levamos a nosa sopa á mesa e regamos cun fío de aceite de oliva
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: