Ir al contenido principal

Torreznos

Ir á receita en castelán
  • Touciño
  • Aceite de oliva









Levaba xa un tempo querendo facer uns torreznos e tiña unha idea na cabeza de como facelos.
Ó final decidinme, pero non fun a mirar que había na rede sobre a forma de facelos. É mais, aínda agora non mirei, fíxenos como pensaba e, para min, foron un éxito.
Torrados e crocantes por fora, pero conservando toda a cremosidade e untuosidade por dentro.
Eu fíxenos do seguinte xeito: 
  1. Cortamos o touciño en tiras de uns 10 cms. de longo.
  2. Poñemos os anacos de touciño no fondo dunha cazola e cubrimos con aceite de oliva.
  3. Levamos ó lume, deixamos que o aceite colla algo de calor e baixamos ó mínimo. Explico como fixen eu nunha placa de indución: subín a temperatura do aceite a uns 70º e inmediatamente o baixei ó 1.
  4. Deixamos que se fagan nese lume super lento catro horas. Pasado o tempo retiramos e deixamos que perda algo de calor. Dicirvos que neste momento ese touciño metido en pan é pura crema. 
  5. Nunha tixola a lume forte e sen aceite, poñemos as tiras do touciño a torrar. Cando a tixola estea moi quente, podemos baixar o lume ó 7/8 e imos facendo dándolle voltas para que se fagan ben polos dous lados. Cando vexades esas binchocas no coiro, é o momento de retiralos.
  6. Servimos acompañados de un bo pan e un bo viño tinto.
O dito todo cremosidade por dentro. Faime un dano que me mata e sabe tan ben que me morro.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito