Ir á receita en castelán
Como se acerca a fin de semana e, ó mellor, non nos apetece moito traballar na cociña, imos a preparar unha sobremesa chea de cor e, o que é mais importante, chea de sabor. Indico as froitas cas que eu preparei a sobremesa, pero vos usaredes aquelas que máis vos gusten.
- Melón cantalupo
- Uvas brancas e roxas
- Kiwi
- Fresas
- Mango
- Azucre
- Pedro Ximénez (opcional)
Como se acerca a fin de semana e, ó mellor, non nos apetece moito traballar na cociña, imos a preparar unha sobremesa chea de cor e, o que é mais importante, chea de sabor. Indico as froitas cas que eu preparei a sobremesa, pero vos usaredes aquelas que máis vos gusten.
Con esta sobremesa, imos a levar a nosa mesa un adianto da primavera que xa empeza a chamar a nosa fiestra.
Se hai nenos na casa, evidentemente non imos a usar o Pedro Ximénez.
- Cortamos o melón á metade, limpamos de sementes e imos sacando bolas cun sacabolas.
- Cortamos o resto das froitas en pequenos bocados.
- Poñemos todas as froitas nun bol, engadimos o azucre e o Pedro Ximénez ó gusto.
- Deixamos repousar para que se nos forme un rico xarope.
- Servimos en copas ou como na foto, na metade valeira do melón.
Non digades que non vos facilito a sobremesa da fin de semana.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: