Ir á receita en castelán
- 400 grs de cabaza
- 1 cenoria
- 1 porro
- 1 cebola
- 1 pataca mediana
- Caldo de verduras
- Pan
- Sal
- Aceite de oliva
Xa está, xa rematou, fora cocidos e xantares pantagruélicos. Xa se foi O Entroido.
Veña, arrancamos o tempo de coresma e o tempo de limpeza gastronómica.
Pois adiante con esta rica crema de cabaza.
- Picamos a cabaza, a cenoria e as patacas en dados. Picamos a cebola e o porro.
- Poñemos unha cazola ó lume cun fondo de aceite e refogamos uns minutos todas as verduras. Salgamos.
- Cubrimos co caldo de verduras (en ausencia do mesmo, auga) e deixamos facer entre 25/30 minutos.
- Mentres cortamos o pan en anacos de bocado e fritimos ate dourarse.
- Retiramos as verduras do lume e trituramos co batedor. Neste punto temos dúas opcións:
- Presentar tal cal nos queda despois de bater, ou
- Pasar o resultado polo chino e ter unha crema mais fina e sedosa.
- Presentamos a nosa crema cun fío de aceite de oliva e cos picatostes.
Ese fío de aceite non lle vai a quitar nada de sabor á crema, todo o contrario, o aceite de oliva potencia, aínda mais os sabores do prato.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: