Ir á receita en castelán
- Costela de porco
- Patacas
- Allo
- Pirixel
- Pementón agridoce de la Vera
- Pementa negra
- Sal en escamas
- Aceite de oliva
Hai días nos que non che apetece complicarte moito a vida na cociña. Días que vas ca vagancia por mochila, pero que non queda outra que xantar.
Pois ben, ata neses días de vagancia podemos comer saboroso e sen complicacións.
- Prequecemos o forno a 200º.
- Poñemos a cocer as patacas con pel.
- Nun bol poñemos o allo e o pirixel picados, o pementón, a pementa e mollamos co aceite. Mesturamos ben e pintamos a costela co adobo.
- Levamos a costela ó forno e (dou tempos orientativos, xa iredes vendo a cor) poñemos a 200º uns 20/25 minutos. Damos a volta e pintamos ca graxa que solta na fonte e deixamos outros 15 minutos.
- Cando as patacas sexan manexables, pelamos e cortamos en rodelas de un cm. aproximadamente.
- Nunha tixola, con aceite, poñemos as rodelas de pataca e deixamos que se vaian confitando moi lentamente. Damos un golpe de calor no final, para que collan unha pouca de cor.
- Servimos a costela cas patacas e regamos, patacas e costela, co prebe que soltou o asado e unhas escamas de sal.
Xa vedes, complicación culinaria ningunha, sabor no prato todo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: