Ir á receita en castelán
- 1 peixe sapo
- 300 grs de langostinos
- 400 grs de ameixas
- 3 patacas
- 1 cullerada de tomate frito
- 1 cebola + 1 porro
- Pementón agridoce de la Vera
- 8 dentes de allo
- 1 puñado de améndoas
- 1 rebanda de pan do día anterior
- 1 culler pequena de polpa de pemento choriceiro
- Pirixel, aceite de oliva e sal
Ó all i prebe é un prato tradicional da cociña valenciana e, a súa tradución é allo e pementón. Unha preparación que se facía con anguías, dada a súa abundancia en A Albufeira.
Posiblemente sexa o único prato que, en Valencia, lle poida facer competencia á paella.
Unha nota: o pemento choriceiro non entra nos cánones da receita, pero me tomo a liberdade polo ben que lle queda.
Unha nota: o pemento choriceiro non entra nos cánones da receita, pero me tomo a liberdade polo ben que lle queda.
Estamos diante un prato de mollar pan, pero non por eso debe quedar líquido, o prebe ten que quedar trabada.
- Deixamos as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro) para que expulsen a area, unha hora como mínimo.
- Primeiro poñeremos en marcha o caldo, para elo pasamos, nunha cazola con un pouco aceite, as peladuras e cabezas dos langostinos, a cabeza do rape para que collan algo de cor. Engadimos o tomate, a cebola, o porro e unhas ramas de pirixel. Deixamos facer uns 20/25 minutos, escoamos e reducimos o caldo.
- Na cazola na que imos cociñar o all i prebe, poñemos un pouco de aceite, os allos cortados, as améndoas e o pan. Deixamos facer sen que collan moita cor. Escoamos e botamos nun morteiro.
- No mesmo aceite engadimos o pementón e o caldo. Chascamos as patacas e engadimos á cazola, vendo que queden cubertas co caldo. Incorporamos o pemento choriceiro e deixamos facer a lume brando.
- Mentres se fan as patacas, machacamos o pan, os allos e as améndoas.
- Cortamos o peixe sapo, e cando vemos que as patacas están listas, incorporámolo á cazola xunto cas ameixas. Deixamos facer uns tres minutos.
- Engadimos os langostinos e a picada. Damos un par de voltas e listo para a mesa.
Servimos en prato sopeiro e acompañamos de un bo pan. Para o éxito do prato, é moi importante a textura do peixe sapo, das ameixas e dos langostinos.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: