Ir á receita en castelán
- 250 grs de salmón fresco
- 150 grs de salmón marinado
- 1 ovo
- 1 culler de café de mostaza
- 1 lima
- Curry
- Aneto
- Aceite de oliva
- Sal e pementa
Como todos sabedes, a pasada semana recibín un agasallo por parte de Pereira Congelados.
Pois ben un dos produtos que viña, era un espectacular lombo de salmón e con el imos a preparar esta receita.
Os rilletes é unha preparación untuosa da cociña francesa, na que elaboran unha especie de paté brando, pero a súa vez que se lle noten as febras da materia principal.
O normal é que o fagan de pato, polo ou coello, pero tamén troita e salmón.
Imos a usar o salmón e dúas testuras, unha ó forno e outra marinado.
- Prequecemos o forno a 140º e facemos o salmón fresco, ca pel para abaixo e untado en aceite, uns 15 minutos.
- Mentres se fai o salmón, sacamos o zume da lima, picamos o aneto e cortamos en dados o salmón que teremos marinado. Podedes ver a receita do salmón marinado neste enlace "Salmón Marinado". Tamén podedes trocar o salmón marinado por salmón afumado.
- Sacamos o salmón do forno, regamos con parte do zume de lima (reservamos un par de culleres de café) e deixamos arrefriar.
- Facemos unha maionesa, poñendo no vaso do batedor o ovo, a mostaza, un belisco de curry e as dúas culleres de café de zume de lima. Salpimentamos e montamos a maionesa con aceite. Reservamos.
- Desmiuzamos, unha vez frío, o salmón do forno cas mans.
- Poñemos maionesa nun bol e engadimos o salmón marinado, o salmón cocido e o aneto. Remexemos para que se integren ben os elementos.
- Poñemos unhas tostas de bo pan no forno, a 200º, arrancando de frío e seis minutos de tempo.
- Servimos os rilletes de salmón, sobre a tosta de pan e por riba un pouco de aneto picado.
Temos un excelente entrante para un xantar de festa ou para unha cea informal. Non o deixedes de preparar.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños: