Ir al contenido principal

Patacas guisadas e ovo escalfado

Ir á receita en castelán
  • 500 grs de patacas
  • 1 cebola mediana
  • 2 cenorias
  • 2 tomates pera
  • 1/2 pemento vermello
  • 3 dentes de allo
  • 4 ovos
  • Touciño
  • 1 rama de tomiño
  • 1 folla de loureiro
  • Caldo de polo
  • Aceite de oliva
  • Pementa e sal

 

A receita de hoxe ten coma base dous produtos humildes que sempre hai na nosa cociña.
Dous produtos humildes que nos sacan de moitos apuros e que, coma neste caso, van a facer un prato no que todo é sabor e texturas.
  1. Picamos a cebola e cortamos en rodelas a cenoria. Poñemos a sofritir nun pouco de aceite.
  2. Mentres picamos os allos, o pemento e o tomate (sen pebidas).
  3. Cando a cebola estea pochada, engadimos os allos, o pemento e as herbas. Deixamos refogar uns minutos.
  4. Cortamos o touciño en tiras pequenas e engadimos ó frito.
  5. Incorporamos os tomates e deixamos que se fría todo o conxunto.
  6. Engadimos as patacas en anacos e chascadas, refogamos un par de minutos o conxunto. Cubrimos co caldo de polo e deixamos facer a lume brando, ata que as patacas estean tenras.
  7. Neste tempo imos a facer os ovos do seguinte xeito:
    1. Cortamos uns anacos grandes de plástico alimentario
    2. Untamos de aceite (vai a facilitar retirar o ovo).
    3. Colocamos os plásticos por dentro do oco dunha taza e cascamos o ovo dentro. Salpimentamos e facemos un hatillo recollendo as esquinas e atando ben.
    4. Poñemos auga a quecer, e cando ferve baixamos o lume e introducimos os atillos co ovo. Deixamos facer uns 6 minutos. Xa imos vendo como se vai callando a clara. Importante que a auga non ferva a borbotóns, acelera a cocción do ovo e pode romper o plástico.
    5. Retiramos da auga e cortamos o plástico polo no feito.
  8. Colocamos unha base de patacas no centro do prato e por riba o ovo que retiramos, con moito coidado, do plástico.
Repetir o dito ó principio, con dous produtos humildes, temos un prato de categoría superior.
NOTA: tamén podedes acompañar o prato con ovo frito.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito