Ir al contenido principal

Milfollas de xoubas e pemetos de piquillo

Ir á receita en castelán
  • 400 grs de xoubas limpas e sen espiñas
  • 2 botes de pementos de piquillo
  • 500 ml de auga
  • 125 ml de vinagre de mazá
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa








Como estamos diante da fin de semana, e ides a ter mais tempo, traio ó blog unha receita que non é complicada, pero que necesita tempo.
A receita sae do libro de Víctor Fernández Piñeiro, Música en la cocina", que me regalou a miña boa amiga Lola. A súa vez ven do libro "La cocina al vacío" de Joan Roca y Salvador Burgués.
Víctor Fernández, ademais da receita, tamén nos aconsella sobre o viño a tomar con ela e a música a escoitar na cociña cando a elaboramos.
En referencia ó viño aconsella, das Bodegas Consejo de la Alta, o viño Consejo de la Alta Novo, de uvas seleccionadas da variedade Tempranillo ó 100%.
E recomenda, para escoitar mentres a elaboramos, a audición de Marina, composición en dous actos de Emilio Arrieta como zarzuela, con libreto de Francisco Camprodón.
Nin quito nin poño.
  1. Limpamos de cabeza, vísceras e espiña as xoubas.
  2. Preparamos o escabeche en frío, ca auga, o vinagre e a sal. Poñemos os lombos das xoubas dentro e deixamos entre catro e seis horas na neveira. Ca proporción de auga e vinagre, queda un sabor moi suave de vinagre, se vos gusta un pouco forte, aumentade a cantidade de vinagre.
  3. Poñemos os piquillos nunha fonte que poda ir ó forno e facemos, co forno prequecido, durante unha hora a 100º.
  4. Preparamos un molde axeitado e forramos, o interior, con film de cociña. Escoamos ben as xoubas e os pementos e imos poñendo capas de pementos e xoubas.
  5. Poñemos o molde nunha bolsa, facemos o vacío e deixamos na neveira un mínimo de 12 horas (eu tívenas 24 horas). Se non dispoñedes de máquina de facer o vacío, poñedes un peso sobre o molde para que presione.
  6. Desmoldamos o milfollas e cortamos do tamaño que mais nos guste. Engadimos unhas escamas de sal e regamos cun bo aceite de oliva.
Temos unha preparación perfecta, que nos pode servir de aperitivo ou primeiro prato, en función do corte que lle demos.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito