Ir al contenido principal

Empanada de mexillóns en conserva (receita expres)

Ir á receita en castelán
Para 2 persoas
  • 1 masa fresca de empanada
  • 2 latas de mexillóns ó natural
  • 1 cebola mediana
  • 1 porro
  • ¼ de pemento vermello
  • Touciño en anacos pequenos
  • 1 ovo
  • Aceite e sal





As veces non temos moito tempo de facer unha masa ou de poñerse a cocer uns mexillóns. Pois ben, para esas ocasións temos produtos que nos van a acelerar e facilitar a operación.
Por unha banda as masas frescas que distintas marcas nos ofrecen e que dan un resultado decente. Por outro as nosas amigas as conservas, neste caso usaremos os mexillóns ó natural.
  1. Picamos a cebola, o porro, o pemento e poñemos a sofritir nunha tixola con aceite.
  2. Cando vemos que as verduras están no seu punto, engadimos os anacos de touciño e os mexillóns picados (ou enteiros). Damos dúas voltas e retiramos do lume.
  3. Escoamos ben do aceite e deixamos atemperar.
  4. Estiramos a masa e repartimos a farsa na metade da mesma, cubrimos por riba ca outra metade e unimos os bordes.
  5. Pintamos con ovo batido e facemos un pequeno corte no centro, para que respire por él.
  6. Levamos ó forno, prequecido a 200º, e deixamos ate que se nos doure, uns 20/25 minutos aprox.
Xa vedes que cas nosas amigas as conservas, enseguida montamos un estupendo primeiro prato. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito