Ir al contenido principal

Coello guisado con patacas en tres coccións (cocina con garrote)

Ir á receita en castelán
  • 4 zancos de coello
  • 1 cebola
  • 1 culler de mostaza
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 culler de fariña
  • 1 rama de tomiño fresco
  • 400 grs de champiñóns
  • Caldo de polo
  • Aceite de oliva
  • Pementa e sal




Xa facía algún tempo que non tocaba a carne de coello, unha carne das denominadas brancas e con un contido moi baixo de graxas.
É unha carne moi apropiada en dietas saudables  e para aquelas baixas en colesterol.
Hoxe xa non tedes que levar o coello enteiro, xa se nos presenta despezado igual que o polo.
  1. Quentamos aceite nunha cazola e marcamos as pezas do coello. Reservamos.
  2. Mentres picamos a cebola e os champiñóns en cuartos.
  3. Retiramos o exceso de aceite de fritir o coello e facemos a cebola picada.
  4. Cando a cebola estea branda, engadimos os champiñóns e deixamos facer o conxunto uns minutos. Engadimos a fariña, remexemos ben e refogamos un par de minutos.
  5. Incorporamos o viño e a cullerada de mostaza. Deixamos reducir prácticamente ata seco.
  6. Engadimos o coello reservado, o caldo ata cubrir e a rama de tomiño. Deixamos facer a lume brando uns 45 minutos.
  7. Para as patacas facemos unhas bolas co sacabolas (os restos xa os aproveitamos para unha tortilla) e damos un escaldado de un 10/15 minutos. Escoamos as patacas e as pasamos a unha tixola con aceite e imos a facer a temperatura suave, para rematalas cun rápido golpe de temperatura (buscamos que collan costra por fora e nos queden suaves por dentro). Reservamos.
  8. No momento que o coello xa está no seu punto, engadimos as bolas de patacas (sería a terceira cocción) para que se empapen do prebe do guiso.
  9. Servimos cada zanco acompañado dos champiñóns e as patacas. Rematamos botando prebe por riba.
Como podemos observar na fotografía, case nos parece unha paletilla pequena de cordeiro. Non deixedes de probar a receita.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito