Ir al contenido principal

Bacallau, patacas e pementos do piquillo

Ir á receita en castelán
  • 1 lombo de bacallau desalgado
  • 6 pementos piquillo
  • 2 patacas grandes
  • 4 dentes de allo
  • Aceite de oliva
  • Sal









Despois do descanso post Nadal, volvemos á carga cas receitas no blog.
Unha advertencia: non é unha receita suave para despois das grandes comilonas do Nadal
Esta receita leva tres preparacións e as tres van confeitadas en aceite.
  1. Poñemos os pementos nun pequeno recipiente que poda ir ó forno, poñemos por riba os allos en láminas e cubrimos de aceite de oliva.
  2. Prequecemos o forno a 110º e deixamos facer os pementos durante unha hora.
  3. Cortamos as patacas en rodelas de medio centímetro e deixamos facer a lume brando, con aceite de oliva, ate que estean cocidas no aceite. Reservamos.
  4. Nun cazo con aceite de oliva (que non pase de uns 60º) imos facendo o bacallau. Imos remexendo o cazo con movementos circulares, para que ó mesmo tempo que se fai, o aceite vaia emulsionando cas boliñas de xelatina que vai soltando o bacallau. Non queremos que nos quede moi espeso o aceite, queremos que emulsione e tome o sabor.
  5. Cas tres preparacións listas, poñemos unha base de pementos de piquillo, por riba unhas patacas confeitadas e rematamos cunhas lascas do bacallau confeitado e as láminas do allo. Regamos co aceite emulsionado.
Non deixedes de probar este excelente prato, no que o bacallau e o aceite son estrelas que brillan con luz propia. A mestura das patacas pemento e lasca de bacallau non vos vai a deixar indiferentes. Podedes acompañar o bocado cunha sopa de pan mollada no aceite.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito