Ir al contenido principal

Xudías verdes, patacas, ovo e refrito

Ir á receita en castelán
  • 500 grs de xudías verdes
  • 3 patacas grandes
  • 2 ovos
  • Touciño
  • 2 dentes de allo
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite
  • Sal






Imos con outra receita tradicional, de fácil execución, pero unha receita na que todo é sabor.
Esta receita era un clásico na mesa da nai de Margarita (a miña dona), que lle saían de unha forma espectacular.
A min non me saen mal de todo, pero creo que non chego as dela.
  1. Pelamos os fíos laterais das xudías, cortamos en anacos, lavamos e poñemos a cocer en auga con sal. O tempo de cocción vai a depender da textura que queirades, ó dente ou máis brandas. Hai que ir probando.
  2. Noutra cazola poñemos a cocer as patacas con pel e os ovos. Retiraremos os ovos, cando vaian sobre 12 minutos de cocción e deixamos seguir as patacas.
  3. Pelamos e fileteamos os allos.
  4. Poñemos unha tixola ó lume cunha xenerosa cantidade de aceite e incorporamos os allos fileteados. No momento que vemos que empezan a tomar color, retiramos os allos e reservamos.
  5. No mesmo aceite, facemos o touciño que teremos cortado en tiras. Deixamos facer ate que se poñan con ese bonito aspecto de churruscado.
  6. Retiramos a tixola do lume, deixamos arrefriar uns minutos e botamos unha xenerosa cullerada de pementón (segundo o voso gusto). Remexemos de inmediato para que non se nos queime o pementón. Incorporamos os allos reservados.
  7. Escoamos ben as xudías e as devolvemos á cazola, engadimos as patacas peladas e en anacos, facemos o mesmo co ovo e regamos todo co refrito.
  8. Levamos o conxunto o lume brando e damos unhas voltas para que se mesturen ben os sabores. Servir quente.
Servimos unha boa ración en cada prato e regamos co prebe de pementón. Non vos preocupedes se leva exceso de prebe, pois se chafamos as patacas no prebe, van a saber a gloria.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es