Ir á receita en castelán
- 4 rodelas de pescada do pincho
- 3 patacas
- 1/2 cebola
- 1 anaco de porro
- 2 ramas de pirixel
- 2 dentes de allo
- Pementón agridoce de la Vera
- Aceite de oliva
- Sal
Que vos parece se seguimos con receitas sinxelas e de rápida execución. Pero despois de dito, hai que dicir que estamos a falar de un prato delicado e moi cheo de sabor.
As medidas da receita son para dous comensais.
As medidas da receita son para dous comensais.
- Poñemos ó lume un cazo con auga e engadimos a media cebola, o anaco de porro, as dúas ramas de pirixel e sal.
- Deixamos facer uns 15 minutos este caldo rápido e engadimos as patacas en anacos grandes.
- Mentres se fan as patacas, poñemos aceite nunha tixola e deixamos dourar os allos laminados. Cando os allos toman cor, retiramos do lume e engadimos o pementón, remexendo rápidamente para que non se queime.
- Poñemos a allada resultante nun recipiente, para que os residuos do pementón se vaian ó fondo e nos quede o aceite coloreado.
- Cando as patacas lles quedan uns cinco minutos, incorporamos á cazola as rodelas da pescada. Deixamos que se faga o conxunto entre catro ou cinco minutos. Retiramos do lume e deixamos repousar outros tres minutos tapada.
- Para o servizo escoamos a pescada e as patacas, poñemos no prato e regamos ca allada.
Non o deixedes de probar, xa que estamos ante un prato realmente soberbio.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito