Ir al contenido principal

Bacallau a baixa temperatura, sofrito, patacas e picada de froitos secos

Ir á receita en castelán
  • 2 lombos de bacallau desalgado
  • 1 pataca mediana
  • ½ cebola
  • 2 dentes de allo
  • 2 tomates pera
  • 1 anaco de pemento vermello
  • Améndoas e abelás
  • 2 lonchas de xamón
  • Pirixel
  • Tomiño
  • Aceite



Non me esquecín do blog, o que ocorre é que estiven un pouco ocupado en outras labores.
Pois imos a facer, nesta volta ó blog, unha receita de bacallau, onde a mestura de sabores vai a ser sensacional.
  1. Envasamos os lombos (sen espiñas) ó vacío, incorporando á bolsa un golpe de pementa e un pequeno chorro de aceite.
  2. Poñemos auga a quecer e non deixamos que pase de 65/70º. Introducimos as bolsa e deixamos facer entre 12 e 15 minutos. Ides a ver que se vai tornando blanquecino. Reservamos.
  3. Mentres picamos o allo en rodelas, a cebola e o pemento en anacos pequenos e o tomate sen pebidas.
  4. Levamos ó lume unha tixola cun fondo de aceite e, a lume brando,  pochamos a cebola co allo e os catro minutos incorporamos o pemento. Deixamos que se siga facendo outros catro minutos, para ó final engadir o tomate e deixamos facer a lume brando.
  5. Cortamos as patacas en rodelas e facemos a lume brando. O que queremos é que se nos cozan no aceite.
  6. Poñemos no microondas as lonchas de xamón, entre papel absorvente, e facemos entre un minuto e medio e dous minutos. Deixamos arrefriar para que endureza.
  7. Trituramos as améndoas, as abelás, o xamón e as follas do pirixel (a proporción vai en función dos vosos gustos). Á picada resultante engadimos unhas gotas de aceite e mesturamos.
  8. Para o servizo, poñemos un fondo das patacas confeitadas, sofrito por riba, o lombo de bacallau e un pouco de picada por riba cun fío de aceite.
Levamos directamente á mesa. Temos outra forma estupenda de prepara o bacallau, que deberemos comer mesturando a lasca de bacallau, ca picada e as patacas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es