Ir al contenido principal

Vieira, sofrito, xamón crocante e maionesa de coral

Ir á receita en castelán
  • Vieira conxelada Pereira
  • Sofrito conxelado Pereira
  • Xamón serrano
  • Aceite de oliva virxe
  • Pementa negra
  • Sal en escamas









Cando no mes de xuño pechei a miña cociña por vacacións, quedei en débeda cos amigos de Pereira Productos del Mar
Pois ben, imos a saldar esa débeda cunha primeira receita na que imos a usar: unhas estupendas vieiras e o preparado que comercializan para o sofrito. Moito tempo nos aforra o ter todo picado.
É a típica vieira con sofrito, xamón, vieira e o seu coral. O que imos a variar é a presentación, pois non podía esconder esa espléndida vieira. Ten que ser a protagonista.
  1. Poñemos a desconxelar as vieiras o día anterior.
  2. Separamos o corpo da vieira do coral e trituramos este último con aceite, sal e un belisco de pementa, ate conseguir unha textura similar á maionesa.
  3. Entre dous papeis de cociña, poñemos o xamón e levamos dous minutos ó microondas. Deixamos que enfríe.
  4. Pasamos, polo lume suave, a cantidade necesaria de preparado de sofrito (cebola, allo, pemento verde e roxo e tomate).
  5. Escoamos ben o sofrito e poñemos no vaso do batedor. Trituramos, pero imos a deixar unha textura con uns mínimos tropezóns.
  6. Pasamos os corpos das vieiras pola parrilla untada en aceite, un par de minutos por cada lado. Salgamos.
  7. Para a presentación, poñemos un fondo de sofrito triturado, sobre este a vieira, acompañamos cuns montonciños de maionesa de coral e do xamón crocante desfeito.
  8. Para a degustación, collemos un montonciño de maionesa e un anaco de vieira con sofrito e xamón.
Como vedes imos a darlle un toque de orixinalidade a nosa vieira de toda a vida.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es