Ir al contenido principal

Ensalada de brotes, berberechos e crema de tomate

Ir á receita en castelán
  • 5 tomates pera
  • 1 rebanda de pan do día anterior
  • 1 lata de berberechos
  • Brotes de ensalada
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal en escamas









Xa pasou o mes de xullo e empeza a ser tempo de abrir a cociña e poñerse a traballar.
Na miña derradeira intervención no Come e Fala, falei do uso das conservas e de que estaba a preparar algunha cousa máis para o blog.
Pois con esta receita, por unha banda, cumpro co prometido, e por outra imos cunha fresca ensalada para este tempo de calor do mes de agosto.
  1. Pelamos e cortamos en anacos os tomates. Facemos o mesmo co pan duro.
  2. Poñemos os tomates e o pan no vaso do batedor, engadimos sal e un bo chorro de aceite de oliva virxe. Trituramos ata obter unha crema fina.
  3. Cubrimos o fondo do prato de servizo ca crema de tomate, incorporamos os brotes de ensalada e rematamos cos berberechos.
  4. Aliñamos a ensalada cun fio de aceite de oliva e engadimos a sal en escamas.
Xa vedes de que xeito tan sinxelo, temos unha fresca ensalada que está chea de contraste de sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es