Ir al contenido principal

Ensalada temperada de tomates, berenxena, mango e cigalas

Ir á receita en castelán
  • 400 grs de berenxena
  • 400 grs de tomate rama
  • 50 grs de parmesano
  • 8 cigalas
  • 1 mango
  • 20 grs de manteiga
  • 1 cullerada de azucre
  • Aceite, vinagre, tomiño e sal
  
Seguindo con eses pratos que nos van a ir moi ben para o verao. Hoxe imos cun practicamente vexetal e que parte del podemos deixar preparado de antemán.
Imos a darlle un toque de contraste cunha peza de mango e una emulsión da mesma froita.
  1. Poñemos o forno a prequecer a 180º.
  2. Nunha bandexa de forno poñemos os tomates (pelados e cortados á metade) e a berenxena. Regamos cun chorro de aceite e retiramos cando estean ben asados.
  3. Deixamos arrefriar.
  4. Cortamos a berenxena e os tomates en dados. Poñemos a macerar co aceite de oliva, sal, follas de tomiño e pementa. Reservamos
  5. Pelamos o mango e sacamos unhas 14 bolas. Picamos o resto do mango e poñemos no vaso do batedor. Trituramos engadindo sal, vinagre e aceite, como se de unha maionesa se tratara. Reservamos.
  6. Nunha cazola fundimos a manteiga co azucre, incorporamos as bolas de mango reservadas e deixamos caramelizar a lume moi brando.
  7. Separamos as cabezas dos corpos das cigalas e salteamos nunha tixola cun pouco de aceite e salpimentadas, ata que se douren. 
  8. Poñemos un molde redondo no medio do prato e recheamos ca mestura de berenxena e tomate.
  9. Retiramos o molde e acompañamos cas boliñas, as cigalas e a emulsión de mango.
Xa temos outra ensalada para o verao. Unha ensalada que podemos deixar preparada ata o punto 6.
Veredes que os vosos comensais han de agradecer esta mestura de sabores.         

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es