Ir á receita en castelán
- Arroz bomba
- Peituga de polo
- Cebola
- Porro
- Cenoria
- Allo
- Cabaciña
- Pemento vermello
- Pementón agridoce de la Vera
- Caldo de polo
- Aceite de oliva
- Sal e pementa
Xa estamos no verán e con el un tempo de lecer.
Como case seguro que nos vai a tocar cociñar, imos a facelo con receitas rápidas, fáciles, cheas de sabor e que case podamos deixar feitas con antelación.
Neste senso, os arroces van a darnos moito xogo e neste caso é un arroz caldoso para mollar pan.
As cantidades dos ingredientes en función de gustos e número de comensais.

- Picamos o porro e a cebola e poñemos a pochar, a lume brando, nun pouco de aceite.
- Mentres se fai a cebola e o porro, picamos a cenoria, o pemento, a cabaciña e o allo, que incorporamos cando a cebola e o porro estean no seu punto. Deixamos facer uns minutos. Salpimentamos.
- Cortamos a peituga en anacos de bocado. Engadimos o sofrito e damos unas voltas un par de minutos.
- Engadimos o arroz e remexemos para que se empape e se mesture cos sabores das verduras. Engadimos ó pemetón e incorporamos o caldo de polo, que si o queredes caldoso debe ser un pouco máis de caldo do habitual, e deixamos facer cinco minutos a lume forte e o resto do tempo a lume brando. Miramos de sal e pementa.
- Retiramos do lume e deixamos repousar tapado uns cinco minutos.
Ides a levar a vosa mesa un arroz moi colorido e para mollar pan. E si queredes un arroz vexetariano, non engadides o polo e usades caldo de verduras.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito