Ir al contenido principal

Pescada con patacas e pementos

Ir á receita en castelán
  • 2 lombos de pescada
  • 2 patacas
  • 1/2 pemento roxo
  • 1 cebola
  • 6 allos tenros
  • Sal
  • Sal ó pementón
  • Pementa negra
  • Aceite de oliva





A verdade é que xa me está a empezar a asustar a ausencia de carne no blog.
Digo isto, xa que como vedes, volvemos ó mar. Nesta ocasión volvemos ó mar en forma de pescada.
A pescada é un peixe branco, polo tanto libre de graxas, que neste momento está na súa tempada, que vai dos meses de abril a xullo. É un dos peixes máis consumido por los españois, moi apto para dietas e prácticamente libre de colesterol.
  1. Pelamos as patacas e cortamos en rodelas, como para panadeira.
  2. Cortamos a cebola en plumas, o pemento en tiras pequenas e os allos tenros en dous (segundo tamaño).
  3. Poñemos unha tixola ó lume con aceite de oliva cando sirva o aceite, incorporamos as patacas xunto cas verduras.
  4. Baixamos a lume medio e deixamos facer o conxunto lentamente. Tede en conta que aínda van a ir ó forno, polo tanto convén retiralas antes de que estean no seu punto.
  5. Prequecemos o forno a 190º e nunha fonte poñemos unha cama de patacas cas verduras e salgamos. Por riba das patacas colocamos os dous lombos de pescada e regamos cun pouco aceite de fritir as patacas.
  6. Levamos ó forno e en función de como vos guste de pasado imos a oscilar entre os 12/15 minutos.
  7. Presentamos cunha base de patacas e verduras e o lombo de pescada por riba. Adornamos cunhas escamas de sal ó pementón e mollamos cun par de culleradas de aceite da preparación.
Xa veredes que este prato vai a ser todo un éxito na vosa mesa. Un clásico de sempre.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es