Ir al contenido principal

Patacas chafadas con champiñóns

  • 500 grs de patacas
  • 3 dentes de allo
  • 1 cebola mediana
  • Champiñóns
  • Trufa (opcional)
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Pirixel
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva




Pois si, tan sinxelo como patacas con champiñóns ( ou as setas que vexades máis convenientes).
O orixinal da receita vai a estar no xeito de presentar unhas patacas cheas de sabor, que van a sorprender os nosos comensais.
  1. Primeiro preparamos as patacas, pois deberán ir ó frío para que collan consistencia.
  2. Pelamos as patacas e triscamos coma si foxen para un guiso.
  3. Pelamos e esmagamos os dentes de allo.
  4. Cortamos a cebola en rodelas ou plumas.
  5. Nunha tixola con aceite de oliva, poñemos as patacas, os allos e a cebola. Deixamos que se vaian facendo a lume brando. Practicamente van a confeitarse.
  6. Escoamos ben, as patacas, do aceite salpimentamos e engadimos o pementón. Chafamos cun garfo, patacas, cebola e allos ata obter unha especie de puré de patacas.
  7. Cas patacas chafadas temos dúas opcións:
    • Estirar nunha fonte cunha altura de 1 cm. aprox., levar á neveira e despois darlle forma.
    • Ou xa, ca axuda dun molde, darlle forma.
    • En calquera dos casos deben de ir á neveira polo menos un par de horas para que collan consistencia.
  8. Chegado o momento, nunha tixola cun pouco de aceite, marcamos as patacas reservadas, co fin de que collan cor polos dous lados. Reservamos.
  9. Pasamos os champiñóns, limpos e laminados, por unha tixola cun pouco de aceite. Queremos que nos queden con textura e con sabor. Engadimos pirixel picado e damos unhas voltas.
  10. Para o servizo, colocamos as patacas reservadas e sobre elas, os champiñóns salgados con escamas de sal. Laminamos trufa e poñemos por riba.
Xa vedes que con produtos normais na nosa cociña, podemos facer un prato onde, ademais dos sabores, van a destacar as texturas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es