Ir al contenido principal

Arroz con lacón e chourizo

Ir á receita en castelán
  • Arroz bomba
  • Lacón (asado ou cocido)
  • Chourizo cocido
  • Cebola
  • Porro
  • Allo
  • Pemento roxo
  • Caldo de polo 
  • Viño branco
  • Pirixel
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Aceite de oliva
  • Sal

Esta é unha desas receitas de aproveitamento, que temos que ter sempre moi presentes na nosa cociña.
Esta receita ven ó blog, da man de Vero Novoa, do blog A'Punto, que publicou o outro día unha receita de arroz con codillo.
Non a executo exactamente igual, pero deume a idea para sacar do conxelador lacón e chourizo que tiña en espera.
  1. Se ides a incorporar o chourizo desde cru, o meu consello é o de darlle un previo cocido para desgraxalo.
  2. Picamos fino a cebola, o porro, o pemento e o allo.
  3. Nunha cazola, cun fondo de aceite, poñemos a pochar as verduras. Cando estean no seu punto, incorporamos un golpe de viño e deixamos evaporar o alcohol.
  4. Mentres se fan as verduras, picamos o lacón e o chourizo.
  5. Agregamos o lacón e chourizo picados e remexemos, para a continuación incorporar o arroz. Damos unhas voltas para que se integren ben todos os ingredientes.
  6. Engadimos ó pementón o gusto e cubrimos co caldo de polo quente. Deixamos facer.
  7. Cando estea o arroz no seu punto, retiramos do lume e deixamos repousar, tapado, uns cinco minutos.
  8. Servimos cun pouco de pirixel toscamente picado e adornamos cun belisco de pementón.
Que me decides, que non nos enteremos que nas nosas cociñas se tira algo.
Gracias Vero Novoa pola receita.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es