Ir al contenido principal

Volandeiras con sofrito e panceta

Ir á receita en castelán
  • 12 volandeiras
  • 1 cebola pequena
  • 1 porro
  • 1 dente de allo
  • 1 tomate
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Touciño
  • Pirixel
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa




Antes de comenzar a receita, comentarvos que durante unha tempada non vou a publicar regularmente, como viña facendo. Irán aparecendo receitas, na medida que vaia podendo. Sei que seredes comprensivos.
Xa metidos na receita, imos cun marisco de cuncha: as volandeiras.
As volandeiras son semellantes as zamburiñas, ainda que dunha calidade un pouco inferior. Dito o anterior, dicir que as volandeiras son un produto, tamén de calidade.
Cando vexades nos bares zamburiñas, case con toda seguridade que sexan volandeiras. Esta afirmación é por simple sentido común, a extracción de zamburiñas é unhas cen mil veces menor que as volandeiras. Deberían de ser honestos e poñer a verdade nas súas cartas.
Podedes ver estas dúas diferencias, de xeito rápido, entre as zamburiñas e as volandeiras:
  • O color da cuncha das zamburiñas é escura tirando a tons violáceos. As volandeiras son claras cor castaño.
  • Esa especie de aleta das cunchas, nas zamburiñas falta unha delas. Nas volandeiras a pesar de non ser simétricas, ten as dúas.
Ben, pos imos con esta receita de festa.
  1. Seguramente compraredes as volandeiras xa evisceradas (de non ser así, hai que eliminarlle completamente a parte estomacal que rodea a carne). As pasades por auga e reservades a parte da cuncha.
  2. Para o touciño, teremos dúas lonchas cortadas moi finas e outra un pouco máis grosa. Poñemos as lonchas finas entre dúas follas de papel de cociña e levamos ó microondas. Imos facendo de minuto en minuto (imos observando) para que nos quede crocante. Seguramente con tres minutos será máis que suficiente. Reservamos.
  3. Cortamos a loncha grosa do touciño en pequenos dados. Facemos o mesmo co porro, a cebola e o allo.
  4. Poñemos os dados de touciño a sofritir nunha tixola. Engadimos as verduras e deixamos facer a lume brando.
  5. Mentres pelamos o tomate, limpamos de sementes e cortamos finamente.
  6. Prequecemos o forno a 200º.
  7. Cando as verduras están pochadas, engadimos o tomate e deixamos facer lentamente o sofrito.
  8. Colocamos as cunchas das volandeiras nunha fonte de forno, poñemos un pouco de sofrito no fondo, por riba a volandeira salpimentada e regamos cun fío de aceite. Levamos ó forno 3/4 minutos.
  9. Poñemos as volandeiras no prato de servizo e engadimos pirixel picado e o touciño crocante. Listo.
Xa tedes listo un rico prato de entrante para un xantar de festa. 
Dicirvos que esta receita serve perfectamente para unhas vieiras. Neste caso é conveniente saltear as vieiras antes de ir ó forno.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es