Ir al contenido principal

Tomate confeitado, queixo de cabra e chacina

Ir á receita en castelán
  • Tomates (tirando a maduros)
  • Queixo de cabra
  • Chacina de vaca
  • Améndoas
  • Sal en escamas
  • Azucre moreno
  • Aceite de oliva






Ca receita de hoxe imos a deixar, de momento, o peixe e cambiamos cun entrante cheo de contraste de sabores.
Textura suave do tomate, manteigosa do queixo e recia da chacina de vaca.
  1. Pelamos os tomates e dependendo do tamaño, cortamos en doas ou tres rodelas.
  2. Poñemos o tomate nun cazo, engadimos unha cullerada pequena de azucre moreno e cubrimos de aceite. Deixamos que se vaia facendo a lume moi brando, durante unha hora e media (a temperatura do aceite non debería pasar de 60º).
  3. Deixamos que atempe no propio aceite e poñemos en papel absorbente para retirar o exceso de aceite.
  4. Mentres se fai o tomate, cortamos o queixo e poñemos, xunto ca chacina, a temperatura ambiente.
  5. Montamos o noso entrante cunha rodela de tomate de base (manexar con coidado) que salgamos ca sal en escamas, a rodela de queixo encima e rematamos ca chacina. Engadimos unhas améndoas groseiramente cortadas e regamos cunhas gotas de confeitar os tomates.
Non deixedes de preparalo, leva o seu tempo confeitar os tomates, pero xa vedes que non da ningún traballo.
Seguro que ides a sorprender os vosos comensais e daredes colorido a vosa mesa.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es