Ir al contenido principal

Tartar de salmón con vinagreta de mostaza

Ir á receita en castelán
  • 150 grs. de salmón (afumado ou marinado)
  • 1 ovo
  • 1 tomate rama
  • 1/2 cebola morada
  • 1/2 mazá (ou 1 pequena)
  • 1 lata de anchoas
  • Mostaza
  • Vinagre de mazá
  •  Aceite de oliva extra
  • Ceboliño


Con vista a estes días de festa e pensando na primavera que xa chama a porta, imos a preparar un rico entrante que, como noutras receitas, deixaremos preparada con antelación.
Como podedes ver nos ingredientes, no salmón poño afumado ou marinado. Pois ben podedes mercalo afumado ou podedes marinalo vos na vosa casa, seguindo a receita deste mesmo blog: Salmón marinado con frutas y verduras.
  1. Poñemos o ovo a cocer. Arrefriamos, pelamos e picamos.
  2. Pelamos o tomate e retiramos as sementes. Cortamos en pequenos cadrados e botamos nun bol.
  3. Facemos o mesmo co salmón, a cebola e a mazá (pelada). Incorporamos ó bol do tomate.
  4. Picamos as anchoas (reservando tres para a vinagreta) e engadimos tamén ó bol. Non vamos a salgar a preparación, vainos a chegar ca sal das anchoas.
  5. Incorporamos o ovo picado e damos unhas voltas para mesturar ben todos os ingredientes.
  6. Preparamos a vinagreta con catro culleradas de aceite, una de vinagre de mazá, unha culler pequena de mostaza, un pouco de ceboliño picado e as tres anchoas reservadas e ben picadas. Remexemos ben e engadimos ó noso tartar.
  7. Deixamos unha hora na neveira antes de levar á mesa. 
  8. Presentamos o tartar do mellor xeito que vos diga a vosa imaxinación: sobre cuchariñas, sobre unha tosta, sobre unha galleta mariñeira, etc.
Pois para a mesa e a disfrutar de unha agradable mestura de sabores, que cun bo Ribeiro fresco vai a ser da vosa plena satisfacción.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es