Ir al contenido principal

Pasteliños de pataca, queixo e xamón ibérico

Ir á receita en castelán
  • 4 ou 5 patacas medianas
  • 3 ovos
  • 50 grs de queixo parmesano relado
  • 100 grs de xamón ibérico
  • Ceboliño (opcional)
  • Sal e pementa






Poucos ingredientes, fácil de execución e que vai a gustar a todos.
En realidade esta receita non deixa de ser unha tortilla clásica, pero que imos a levar á mesa en forma de pasteliños ou troncos de pataca.
  1. Cocemos as patacas, deixamos arrefriar e chafamos cun garfo, para facer un puré de patacas.
  2. Relamos o queixo, picamos o xamón e o ceboliño. 
  3. Batemos os ovos e engadimos o resto dos ingredientes.
  4. Poñemos a masa resultante en moldes apropiados (se non foran de silicona, untar con un pouco de manteiga). 
  5. Facemos 20 minutos no forno prequecido a 200º. Deixamos repousar e servimos.
Xa vedes a facilidade da execución. Podemos servir atempados ou fríos e acompañar cunha ensalada de brotes, cunha maionesa ou cun bo prebe de tomate.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es