Ir al contenido principal

Bacallau con patacas e pementos

Ir á receita en castelán
  • 2 lombos de bacallau desalgado
  • 3 patacas
  • 8 pementos do Piquillo
  • 2 allos
  • 1 cullerada de azucre
  • 1 ovo
  • Aceite de oliva
  • Sal





Como estamos nas portas da Semana Santa, os pratos que máis están presentes, son os de bacallau.
Este que vos traio, é un clásico: bacallau, patacas e pementos, pero imos a presentalo de un xeito máis vistoso.
É moi sinxelo, pero hai que facer tres preparacións distintas, que se poden facer con antelación a hora do xantar.
  1. Poñemos as patacas a cocer con pel (non debemos deixar que se pasen moito, pois imos a manipulalas despois). Cando estean en condicións de manipular, pelamos e cortamos en rodelas de medio centímetro aprox. Reservamos.
  2. Cubrimos o fondo dunha tixola con aceite e botamos os allos fileteados. Cando comencen a tomar cor, baixamos o lume e incorporamos os pementos. Deixamos que se vaian confeitando ca cullerada de azucre. Deixamos facer uns cinco minutos e reservamos.
  3. Nun cazo, cun chorreón xeneroso de aceite, poñemos a facer o bacallau. Tedes que ir coidando a temperatura do aceite, non o queremos fritir, queremos que se nos faga moi lento. Colocamos o bacallau no cazo ca pel para abaixo, movemos para que non se nos pegue. Deixamos que se faga uns catro minutos dando movementos circulares ó cazo (veredes como vai soltando a xelatina). Damos a volta, con coidado xa que se irá desconchando e deixamos facer outros catro minutos. Retiramos e reservamos.
  4. Como na cociña non podemos desperdiciar nada, co aceite do bacallau imos a darlle unha fritura as rodelas de patacas reservadas. Reservamos.
  5. Cos allos e o aceite dos pementos imos a facer a maionesa, incorporaremos máis aceite se foxe necesario. Vai a saír unha maionesa moi suave e tirando a doce. En definitiva, distinta.
  6. Para montar o prato, collemos un aro e poñemos un fondo de patacas, sobre estas uns pementos de piquillo e rematamos con lascas do bacallau reservado. Cubrimos cunha capa de maionesa.
  7. Co forno prequecido a 200º, introducimos a preparación e retiramos do forno, cando a maionesa toma unha cor de barra de pan.
Xa temos o bacallau con patacas e pementos listo para levar a nosa mesa e disfrutar dos sabores.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es