Ir á receita en castelán
- 1 xurelo grande
- 1 ceboleta
- 8 tomates cereixa
- Olivas negras
- 1 cenoria
- Pirixel
- Pementa
- Aceite de oliva
- Sal
Volvemos de novo co peixe, co peixe azul e ó forno que é un dos xeitos que máis me gusta.
Eu fixen a receita con xurelo, pero vai exactamente igual de ben cunha xarda.
Como peixe azul que é, estamos ante un peixe graxo e con proteínas boas. Rico en ácidos graxos omega 3 que lle van a vir moi ben o noso colesterol e trigliceridos.
- Pedimos na peixería que nos abran o xurelo coma un libro, que o limpen e lle retiren as espiñas. Traballo que nos levamos feito para a casa.
- Cortamos a cebola e a cenoria en xuliana fina, os tomates e as olivas en dous.
- Nunha cazola cun pouco de aceite, pasamos as verduras a lume brando. Mentres se fai o sofrito, poñemos o forno a prequecer a 190º.
- Nunha fonte, que poida ir ó forno, poñemos como base o sofrito das verduras, por riba o xurelo, salpimentamos e regamos cun fío de aceite.
- Levamos a fonte ó forno entre 10/15 minutos. O tempo vai a depender de se vos gusta ben pasado ou cunha textura máis suave.
- Pasado o tempo sacamos do forno, engadimos pirixel picado e un chorro de aceite de oliva.
Como podedes observar na foto, o xurelo non está tostado, xa que non me gusta o peixe moi pasado de cocción.
Xa veredes como vai a ser un éxito na vosa mesa.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito