Ir al contenido principal

Hamburguesa de polo

Ir á receita en castelán
  • 600 grs de peituga de polo
  • 1 xema de ovo
  • Allo e pirixel
  • Pan relado
  • Queixo relado (opcional)
  • Follas de leituga
  • Tomate
  • Cebola
  • Pan artesán
  • Sal e pementa
  • Aceite de oliva



Xa sei que se ven pola rede un montón de hamburguesas que si é a perfecta, que si con un prebe case secreto, con unha mestura de follas aromáticas que é o non vai mais, etc. E con toda seguridade que é certo, pero a que traio hoxe a este blog é unha hamburguesa de polo moi sinxela de execución e moi saborosa no prato.
Como veredes tampouco me compliquei co prebe, levei á mesa dous produtos para que cada quen se puxera o que mais lle gostara, levei dous prebes que temos a nosa disposición na Oleoteca La Chinata de Ourense. Unha mostaza con olivas negras e unha maionesa con trufa, aportan matices a nosa hamburguesa.
  1. Pedímoslle ó carniceiro que nos pique a peituga de polo. Se o queredes facer na casa e picala con coitelo, mellor. Eu a trouxen picada.
  2. Nun bol poñemos a carne picada, engadimos a xema de ovo, o queixo relado (opcional), o allo e o pirixel moi picadiño, salpimentamos e incorporamos un pouco de pan relado (para que lle de á masa algo de consistencia. Remexemos o conxunto cas mans, ate mesturar ben todos os ingredientes.
  3. Formamos as hamburguesas, do tamaño que queiramos, e as poñemos sobre papel de forno (para que non se nos peguen). Levamos á neveira para que collan máis consistencia.
  4. Mentres lavamos e escoamos as follas de leituga, pelamos e cortamos en rodelas o tomate e en aros a cebola.
  5. Abrimos o pan escollido (mellor se é artesán), poñemos unhas follas de leituga, unha rodela de tomate e outra de cebola. Reservamos.
  6. Nunha grella untada con aceite e a lume forte, selamos as hamburguesas uns 20 segundos por cada lado. A partir de aí, baixamos o lume e deixamos que a hamburguesa se vaia facendo de xeito lento, dando voltas regularmente, para que se pase e non nos quede seca por dentro.
  7. Colocamos por riba dos bolos reservados e levamos á mesa acompañadas polos prebes escollidos.
Xa temos unhas sinxelas, tenras e saborosas hamburguesas de polo. Tamén podemos levar todos os elementos, que van a compoñer a hamburguesa, por separado e que cada un a faga o seu gusto.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es