Ir al contenido principal

Bolas de pataca (ou ensaladilla frita)

Ir á receita en castelán
  • Patacas
  • Olivas verdes
  • Ovo
  • Bonito en aceite
  • Manteiga
  • Fariña
  • Ovo (para o rebozado)
  • Pan relado
  • Sal e aceite de oliva




Hoxe estamos nun deses días intermedios que hai cando a troula se prolonga no tempo.
Pois ben hoxe é luns de Entroido e é un día para facer un descanso gastronómico, xa que mañá volve a tocar cocido. Como xa tocou nos días anteriores.
Imos con algo lixeiro, sinxelo e que non sei si chamar bolas de pataca ou ensaladilla frita.
  1. Poñemos a cocer as patacas e o ovo.
  2. Mentres picamos as olivas verdes (sede xeneros@s) e desfacemos o bonito.
  3. Pasamos o ovo (unha vez cocido) por auga fría. Pelamos, picamos e mesturamos cas olivas e o bonito.
  4. Cando estean cocidas as patacas, escoamos ben e pasamos polo pasa purés. Engadimos sal e unha pouca de manteiga. Remexemos para facer una masa fina.
  5. Incorporamos o bonito, as olivas e o ovo á masa. Remexemos todo ben para que se reparta uniformemente.
  6. Deixamos arrefriar e facemos bolas cas mans. Pasamos por fariña, ovo batido e pan relado.
  7. Fritimos en aceite ata que collan unha bonita cor dourada. Pasamos a un prato con papel absorbente.
Podemos levalas á mesa acompañadas de un ovo frito e con algún prebe: de tomate, maionesa, ali-oli, etc.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es