Ir al contenido principal

Patacas á rioxana

Ir á receita en castelán
  • 1 kg de patacas
  • 2 chourizos
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Caldo de carne
  • 2 culleradas pequenas de polpa de pemento choriceiro
  • Guindilla (opcional)
  • Aceite de oliva
  • Sal








Este prato, orixinario de La Rioja e Álava, é unha receita moi sinxela, pero con un intenso sabor, que é básicamente un guiso de patacas con chourizo.
  1. Este paso é opcional. Para eliminar o exceso de graxa no prato, eu coco un par de minutos o chourizo, co fin de que solte un pouco de graxa. Non lle vai a restar sabor ó prato.
  2. Picamos a cebola e o allo e poñemos a pochar nunha cazola cun fondo de aceite.
  3. Mentres se fai a cebola, pelamos, lavamos e cortamos en anacos as patacas. Ó final de cada corte imos a triscar o anaco, para que no proceso de cocción solte a fécula que espesará o noso prebe.
  4. Cando a cebola e o allo estea no seu punto, engadimos a guindilla (opcional), as patacas e o chourizo cortado en rodelas. Damos un par de voltas, para mesturar os ingredientes.
  5. Incorporamos o pementón agridoce, damos unhas voltas e rápidamente cubrimos co caldo de carne.
  6. Neste momento engadimos ó guiso as culleradas de pemento choriceiro. Podemos poñer un par de pementos choriceiros a hidratar en auga tibia e despois raspar a polpa. Tamén podemos mercar uns tarros de polpa, deste xeito vai a facilitarnos o proceso.
  7. Deixamos que se vaia facendo o guiso, ata que as patacas estean tenras. Se o guiso non espesase o noso gusto, podemos retirar tres ou catro patacas, esmagalas e incorporar de novo ó guiso. Deixamos cociñar uns tres minutos máis.
  8. Retiramos do lume e deixamos repousar uns cinco minutos tapado.
Nin que dicir ten que vai a gustar a todos este saboroso guiso. Eso si o día que o poñades, comprade algo máis de pan do que sexa normal. Eu aviso. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito