Ir al contenido principal

Ensalada de brotes, mango e xamón de pato

Ir á receita en castelán
  • Brotes de ensalada
  • Mango
  • Xamón de pato
  • Noces
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Vinagre de Jerez
  • Sal maldon







Seguimos con ideas para o Nadal, pero co denominador común de que sexan saborosas, fáciles e asequibles.
Hoxe imos a por unha ensalada na que a froita que usamos, vai a contrastar co xamón curado de pato.
  1. Facemos a vinagreta mesturando o aceite e o vinagre, nunha proporción de tres a un. Se non sodes moi amigos do vinagre, usade soamente 1/2 medida de vinagre ou un máis suave. Batemos para emulsionar.
  2. No prato de servizo poñemos unha base de brotes, salgamos e regamos con parte da vinagreta.
  3. Por riba dos brotes poñemos o mango cortado en láminas.
  4. Por riba do mango o xamón de pato (e bo que teñades o xamón de pato fora do frío, atempado gaña moito en sabor).
  5. Repartimos as noces groseiramente partidas, e rematamos regando co resto da vinagreta.
Como podedes observar en poucos minutos, imos a ter unha ensalada de luxo para levar a nosa mesa. Xa veredes como vai a ser do gusto dos vosos comensáis.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito