Ir al contenido principal

Ás de polo con tomate e olivas

Ir á receita en castelán
  • 1 kg de ás de polo
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Caldo de polo
  • 200 grs de tomate triturado
  • Pementón agridoce de La Vera
  • Olivas desosadas
  • Aceite de oliva
  • Sal e pementa




Outra receita de fácil execución e que imos a facer cunha das partes máis saborosas do polo: as ás.
Esta parte do polo, admite varias preparacións, fritas, asadas, en escabeche, etc. Guisadas é unha das preparacións que mellor lle van.
Imos a darlle un toque de contraste cunhas olivas negras, que engadiremos no final da nosa preparación.
  1. Pasamos as ás por fariña, sacudindo o exceso. Nunha cazola con aceite douramos. Reservamos
  2. No mesmo aceite facemos o allo picado e a cebola cortada en plumas.
  3. Cando a cebola e o allo comenzan a tomar cor, regamos co viño e deixamos que se evapore o alcohol. Incorporamos o pementón e remexemos para que se mesture. A continuación engadimos o tomate e deixamos facer uns minutos.
  4. Levamos as ás reservadas a nosa cazola, remexemos e cubrimos co caldo de polo. Deixamos facer entre 20-30 minutos. Cando lle queden uns cinco minutos, incorporamos as olivas.
  5. Se vemos que o prebe nos queda moi solto, retiramos o polo e deixámolo reducir. Volvemos a incorporar as ás de polo.
Xa temos listo o noso prato ó que lle podemos poñer de guarnición, un arroz branco, unha pataca cocida ou fritidas, unhas verduras, etc. Lle poñas o que lle poñas, o polo vai a estar moi bo.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito