Ir á receita en castelán
Este pasado domingo falei na Radio Galega, no Come e Fala, sobre a gastronomía e o turismo en terras extremeñas.
- 1 lata de ameixas (que sexan grandes)
- 1 solombo ibérico
- 1 tomate
- 2 patacas
- 1 cebola
- Zume de carne
- Romeiro
- Sal en escamas
Este pasado domingo falei na Radio Galega, no Come e Fala, sobre a gastronomía e o turismo en terras extremeñas.
Unha das preguntas de José Manuel García, facía referencia a unha posible fusión da gastronomía das dúas rexións: Galiza e Extremadura.
Pois ben, dentro das receitas con conservas, imos a mesturar o solombo ibérico, ca nosa tradición conserveira.
Usaremos unhas ameixas ó natural en conserva e galegas, non dubidedes en mercalas grandes, a peza da carne e o sabor vano a agradecer. Receita do FROM.
- Poñemos as patacas, cortadas en rodelas de un centímetro aprox., nunha cazola cubertas de aceite. Levamos a lume brando, queremos que se cozan máis que fritirse.
- Cortamos o tomate e a cebola en rodelas. Nunha tixola untada de aceite, pasamos as rodelas de tomate e cebola. Reservamos, xunto cas patacas, nunha fonte que poida ir ó forno.
- Abrimos a lata, reservando o líquido de goberno da mesma.
- Mesturamos o zume de carne co líquido de goberno das ameixas. Regamos as verduras e patacas, co prebe resultante e levamos ó forno, prequecido a 160º, uns 15 minutos, cunha rama de romeiro.
- Mentres remata o forno, cortamos o solombo en medallóns e marcamos nunha tixola por todos os lados.
- Montamos o noso prato, cunha base de patacas, rodela de tomate, rodela de cebola e medallón de solombo. Regamos co prebe da fonte das verduras e salgamos cas escamas de sal.
Veredes que saborosa mestura na vosa boca e na vosa mesa. Non deixedes de probar este prato.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito