Ir á receita en castelán
- Pescada fresca do pincho
- Patacas
- Coliflor
- 1/2 Porro
- 2 dentes de allo
- 1/2 limón
- 2 ramas de pirixel
- 1/2 cebola
- Pementón agridoce de La Vera
- Aceite de oliva
- Sal
A receita anterior era de mar e nesta imos a seguir polo mesmo camiño. Faremos unha receita moi galega e moi sinxela na súa execución. Incorporo nesta versión, unha verdura que é típica co bacallau: a coliflor.
A miña recomendación é preparala cunha boa pescada do pincho, fago unhas pequenas consideracións sobre esta pescada. A pescada do pincho é sinal de identidade do Porto de Celeiro que apostou por un produto de calidade e tratado con mimo. Esta pescada é capturada nas frías augas de o Gran Sol, pescada peza a peza e nunca cun peso inferior a 1,200 kgs.
A pescada do pincho "Gran Sol" ten o selo de garantía "Galicia Calidade".
- Preparamos un caldo corto co medio porro, a media cebola, o medio limón e o pirixel. Deixamos facer uns 20 minutos, opcional incorporar unha cullerada de aceite de oliva.
- Para preparar a allada (este é o meu xeito), poñemos aceite nunha tixola e incorporamos os allos cortados en laminas, imos a facer uns chips de allo. No momento que os allos comenzan a tomar color, retiramos do lume e reservamos os chips de allo fora do aceite, que xa leva o seu sabor. Deixamos arrefriar un pouco o aceite e engadimos o pementón. Remexemos ben e pasamos a un recipiente para que os residuos do pementón se vaian ó fondo e nos quede o aceite con esa bonita cor roxa.
- Cocemos as patacas, a coliflor e reservamos quentes.
- Levamos o caldo ó lume (sen as verduras) e introducimos as rodas de pescada. Dende o momento que ferve, deixamos facer uns cinco minutos. Retiramos do lume e deixamos no caldo outros cinco para que se remate de facer co calor residente.
- Preparamos no prato de servizo as patacas, a coliflor e a nosa pescada. Repartimos os chips de allo polo prato e salseamos co aceite de pementón que temos reservado.
Ides a ter un gran prato cun gran produto e que os chips de allo aportan o toque crocante que tanto nos gusta.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito