Ir al contenido principal

Paté fácil de mexillón en conserva

Ir á receita en castelán

  • 2 latas de mexillóns (grandes) en conserva
  • 3 chalotas
  • Xenxibre relado
  • Queixo fresco de untar
  • Regañás rústicas de La Chinata
  • Sal e pementa







Despois de un par de semanas volto a recuperar o tema das conservas e ímolo a facer cunha preparación moi sinxela e que como petisco, nos vai a vir moi ben.
Hai moitas opcións para o soporte deste paté, pero hoxe acompañeino cunhas Regañás Rústicas con Aceite de Oliva Virxe de La Chinata.
As regañás son un produto procedente de Andalucía e ten unha orixe e unha función similar o noso pan mariñeiro. Facer que o pan durase no tempo, de feito formaba parte do sustento de mariñeiros e soldados.
  1. Picamos finas as chalotas e pochamos, a lume brando, nunha tixola cun fondo de aceite e salpimentadas. Deixamos facer ata que abrande.
  2. Relamos xenxibre (na medida do voso gusto), que engadiremos á chalota, fora do lume e remexemos para que se mesture. Poñemos a escoar o conxunto.
  3. No vaso batedor poñemos os mexillóns en conserva, a chalota escoada e un pouco do escabeche da lata. Iremos engadindo máis líquido en función da textura que vaia collendo.
  4. Nun bol poñemos o resultante de bater e engadimos o queixo fresco (xogade co sabor que máis vos guste, máis ou menos intenso a mexillón). Cun garfo mesturamos e integramos ben os ingredientes.
Como vedes xa temos, de xeito sinxelo, un apetecible petisco para un entrante, merenda ou cea informal.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito