Ir á receita en castelán
- 1 lata de navallas
- Niños de pasta
- Romeiro
- Sal
- Sal de pementón La Chinata
- Aceite de oliva virxe
Imos a seguir dándolle percorrido as receitas con conservas.
Posiblemente o blogtrip ó que fun invitado por Anfaco, foi do que máis proveito saquei en cuestión de aportación ó blog.
Trouxen un montón de receitas que agora estou a compartir con todos vos.
- Poñemos a cocer a pasta en auga con unhas gotas de aceite e sal. Deixamos ó dente.
- Sacamos a pasta, con moito coidado que non se desfagan os niños, e poñemos a escoar.
- Mentres abrimos a lata, reservamos o líquido de goberno e salteamos as navallas nunha tixola cunhas gotas de aceite e un par de ramas de romeiro.
- Retiramos as navallas e incorporamos á tixola o líquido de goberno. Deixamos reducir.
- Poñemos, no noso prato de servizo, un niño, salgamos co sal de pementón, por riba do niño dúas ou tres navallas e regamos co líquido reducido.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito