Ir á receita en castelán
- 1,200 kgs de luras da ría
- Langostinos
- 3 ou 4 patacas
- 2 Cenoria
- 2 Porro
- 1 Cebola
- 1/2 pemento verde
- 2 allos
- 1 vaso de viño branco Ribeiro
- Prebe de tomate
- Caldo de peixe
- Aceite de oliva
- Sal e pementa
Posiblemente os guisos de luras sexan dos máis saborosos que se poden facer, que imos a completar con un puñado de langostinos e unhas patacas cocidas.
Como consello e si a nosa economía o permite, lura da ría sen dúbida ningunha. De non poder ser, con luras foráneas tamén nos vai a saír un saboroso guiso.
- Pelamos os langostinos e reservamos os corpos.
- Para facer o caldo, poñemos nunha cazola un fondo de aceite, pochamos un porro e unha cenoria cortados en rodelas. Engadimos as cabezas e peladuras dos langostinos. Damos unhas voltas pisando as cabezas para que solten o zume. Cubrimos de auga e si temos algunha cabeza de merluza ou rape, é o momento de incorporala. Salpimentamos e deixamos facer unha media hora. Escoamos e reservamos.
- Limpamos ben as luras e cortamos en anacos.
- Picamos as verduras, poñemos a lume brando e deixamos facer lentamente.
- Cando as verduras estean no seu punto, engadimos as luras e refogamos todo xunto, deixando que se mesturen ben os sabores.
- Engadimos o viño branco e deixamos reducir ben o alcohol.
- De seguido agregamos o prebe de tomate, damos unhas voltas e cubrimos co caldo de peixe reservado.
- Deixamos facer ata que as luras estean tenras.
- Mentres poñemos a cocer as patacas.
- Cando vexamos que o noso guiso lle quedan uns cinco minutos, engadimos os langostinos e as patacas en anacos. Remexemos para que se fagan os langostinos e as patacas collan o sabor do guiso.
Non vou a insistir no sabor que ides a levar a vosa mesa, pero levade un bo pan, pois non vai a quedar nin gota nos pratos.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito