Ir á receita en castelán
- 1 lata de caviar de ourizo
- 100 grs de nata
- 1 chalote
- 4 ovos de paspallás
- Viño branco
- Aceite
- Sal
- Pementa
Cando asistín ó blogtrip de Anfaco sobre o mundo das conservas, en Vigo, recollín esta receita que levaba tempo que quería publicar. Agora que ando enredado en darlle publicidade a estas receitas con conservas, tócalle a quenda a esta deliciosa receita.
Comentarvos que a crema vale perfectamente para calquer aperitivo que vos imaxinedes.
Comentarvos que a crema vale perfectamente para calquer aperitivo que vos imaxinedes.
- Picamos fina a chalote e sofritimos. Cando estean brandas, regamos cun pequeno chorro de un bo viño branco Ribeiro e deixamos reducir. Salpimentamos.
- Fora do lume incorporamos a lata de caviar de ourizo, a nata e a pementa remexendo ben.
- Poñemos nun vaso, ou similar, unha base da crema.
- Nun cazo con auga quente e un choro de vinagre, pasamos os ovos de paspallás (uns dous ou tres minutos). Retiramos a un papel absorbente.
- Colocamos por riba de cada vaso ca crema, un ovo.
- Picamos un pouco ceboliño, que engadiremos o noso aperitivo.
Xa vedes que con pouco tempo e traballo, obsequiaremos os nosos convidados un espléndido aperitivo, que imos a acompañar con ese bo Ribeiro fresco que usamos para a confección do aperitivo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito