Ir á receita en castelán
- 1 kilo de carne de tenreira galega
- Patacas
- 1/2 pmento roxo
- 1/2 porro
- 1/2 cebola
- 1 cenoria
- 3 dentes de allo
- 1/2 vaso de viño tinto mencía
- Caldo de carne
- Pementón agridoce de La Vera
- Aceite de oliva, pementa e sal
Debe ser cousa do tempo, pero estou arrimando para os guisos. Neste caso imos do mar á terra e faremos un saboroso guiso con unha estupenda carne de tenreira galega.
Prato moi sinxelo e con poucos ingredientes, pero que se transforman nun prato de dez.
- Picamos todas as verduras, que poremos a pochar todas xuntas nunha cazola con un fondo de aceite.
- Salpimentamos a carne e, cando as verduras estean no seu punto, incorporamos á cazola. Remexemos cas verduras e deixamos que a carne tome algo de cor.
- Engadimos o viño e deixamos que se evapore o alcohol.
- Incorporamos o pementón, ó gusto, remexemos e cubrimos co caldo de carne. Deixamos facer a lume brando.
- Cas patacas podemos facer de dous xeitos: un cocelas a parte (sen que cheguen a cocer de todo) e incorporar o noso guiso cando lle queden uns 10-15 minutos. Outro, cando o noso guiso lle queden 25-30 minutos incorporalas en anacos e que se cozan no propio guiso.
- Deixamos repousar uns minutos e listo.
Prácticamente teredes un saboroso prato único que apenas vos deu traballo. Coma sempre o consello é que o acompañedes de un bo pan. Van a facer moitas sopas no prebe.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito