Ir á receita en castelán
- 500 grs de chipiróns
- 500 de fabas brancas cocidas
- 200 grs de ameixas
- 1 copa de viño branco
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 1 guindilla (opcional)
- Pementa, sal, pirixel
- Aceite de oliva
Hoxe imos cunha receita de mar que completaremos con un produto do campo.
A técnica que imos a usar, vai ser o wok. Coma todos saberedes, o wok é como unha tixola redonda e abombada no fondo. Consiste en saltear os alimentos, co wok ben quente, dándolle voltas de xeito continuo e usando un mínimo de aceite. Básicamente.
Unha apreciación, dado que a cantidade de ameixas non é moita, o prato va a agradecervos unhas boas.
- Poñemos as ameixas en auga con sal (60 grs de sal por litro de auga) durante un par de horas, para eliminar posibles areas que nos estragarían o prato.
- Limpamos e secamos ben os chipiróns. Queremos saltealos, non cocelos.
- Pasamos as fabas por auga fría e poñemos a escoar.
- Picamos a cebola en plumas e os allos finos.
- Poñemos unha cazola ó lume cun fondo de auga, botamos as ameixas para abrir ó vapor. Segundo van abrindo, imos retirando. Reservamos.
- Levamos o wok ó lume forte cun fío de aceite. Movemos o aceite por todo o wok, incluídas as paredes. Engadimos os chipiróns e salteamos uns minutos. Reservamos.
- Como o aceite se consumiu, botamos un pouco máis e baixamos o lume, para poñer a cebola e o allo a abrandar e que tome unha pouca cor. Se decidides usar a guindilla, este é o momento.
- Incorporamos as fabas e damos unhas voltas ó conxunto. Engadimos o viño e deixamos evaporar o alcohol.
- Engadimos os chipiróns e as ameixas, salpimentamos e deixamos facer uns tres minutos remexendo de cando en vez.
Levamos o noso wok á mesa, despois de incorporar pirixel picado por riba. Non vai a haber moito prebe para mollar, pero disfrutaredes de un prato cheo de sabor.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito