Ir al contenido principal

Tartar de lombos de bonito en aceite


  • 1 bote de lombos de bonito La Chinata
  • 1 ceboleta
  • 3 pepinillos en vinagre
  • 350 grs de pepino
  • Mostaza
  • Maionesa
  • Caviar de arenque







Seguimos a facer receitas con conservas e a disfrutar da súa versatilidade. Estas receitas son un pouco máis elaboradas, pero de ningún xeito complicadas.
Na receita de hoxe imos a usar un dos produtos en conserva que nos ofrece La Chinata, dentro de esa extensa gama de boas opcións que temos na súa tenda de Ourense: lombos de bonito en aceite.
  1. Sacamos os lombos de bonito e poñemos a escoar. Que solte o máximo de aceite.
  2. Cortamos a ceboleta e os pepinillos en vinagre, en dados pequenos.
  3. Collemos os lombos escoados e picamos tamén en dados pequenos.
  4. Nun bol mesturamos a ceboleta, os pepinillos en vinagre, os lombos de bonito, a mostaza e a maionesa. Un par de aclaracións: dado o sabor tan particular da mostaza, no poño medidas e que cada un faga a mestura segundo o seu gusto. A mestura non debe de quedar moi untuosa, o protagonista é o tartar, non o prebe.
  5. Pelamos o pepino, cortamos en anacos e trituramos co aceite do bote do bonito (ben escoado).
  6. Usamos moldes que encheremos ca nosa mestura, vertemos un pouco do zumo de pepino e rematamos co caviar de arenque.
Non fai falla explicar o conxunto de sabores que imos a levar a nosa mesa con esta preparación con conservas.
Para o meu gusto, se lle dades un golpiño de neveira antes de servir, está mellor. 

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es