Ir al contenido principal

Ensalada atempada de garavanzos e polbo en conserva

Ir á receita en castelán

  • 250 grs de garavanzos cocidos
  • 1 lata de polbo en conseva
  • 1/2 cebola
  • Aceite de oliva
  • Pementón agridoce de la Vera
  • Comino
  • Vinagre de Jerez 







Hoxe imos a usar unha conserva que non é moi normal que consumamos en Galiza. As razóns coido que son obvias.
De todos os xeitos, é unha conserva que podemos ter sempre a mao e que nos pode sacar de un apuro.
  1. Cortamos a cebola en plumas e poñemos nun bol, salgamos e cubrimos con auga fría. Os cinco minutos poñemos a escoar. O que conseguiremos es sacarlle a dureza e facela máis agradable.
  2. Poñemos os garavanzos nun bol, engadimos o pementón, o comino e regamos co aceite de oliva. Deixamos macerar uns 10 minutos.
  3. Levamos unha tixola ó lume e en canto comence a ter calor, botamos os garavanzos que tiñamos macerando. Damos unhas voltas durante un par de minutos e engadimos o polbo en conserva. Remexemos un par de minutos para que se integren os sabores.
  4. Servimos atempado e mesturado ca cebola en cru. Vainos a dar o toque crocante.
Estes tipos de ensaladas atempadas, van moi ben para as temperaturas que xa nos empezan a vir.


Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito