Ir á receita en castelán
- 1 lumbrigante mediano
- 1 penca de apio
- 3 follas de endivia
- Pirixel
- Pan
Para o prebe
- 2 culleradas pequenas de mostaza
- 1 xema de ovo
- 1 chorro de coñac
- 1/2 limón
- 1 cullerada de ketchup
- Aceite, sal e pementa
Ola de novo, imos a seguir con estas receitas que tan ben nos van a ir nestes días que aínda quedan do verán.
Esta preparación vai a servir para un entrante, para unha merenda ou como xa vimos dicindo, para esa cea fría no xardín cos amigos.
Non vos recomendo o pan a usar, eu usei un bo pan de rosca que lle foi de marabilla, eso si que sexa brando. Podedes presentalo soamente ca base o con base e tapa.
- Poñemos a cocer o lumbrigante nunha cazola con auga e sal (60 grs por litro de auga). Como entendo que o lumbrigante está vivo, o poñemos na cazola ca auga fría e contamos uns 20 minutos dende que rompa o fervor. Deixamos arrefriar. Outra opción é mercalo cocido e conxelado.
- Lavamos as follas de endivia, cortamos en triángulo a parte pola que vai unida (eliminamos o amargor) e picamos en rodelas. Picamos o pirixel e tamén o apio en medias lúas.
- Cando o lumbrigante estea frío, sacamos a carne da cola e das pinzas. Cortamos en dados.
- Imos a facer unha especie de prebe rosa e para elo batemos a xema con unha das culleradas de mostaza. Imos incorporando aceite lentamente ate ligar con textura de mahonesa.
- Incorporamos o coñac, a outra cullerada de mostaza (esta segunda vai no voso gusto), o zume do medio limón, sal, pementa e o ketchup. Batemos todo ben.
- Nun bol mesturamos o apio, a endivia, o pirixel, o lumbrigante e o prebe preparado.
- Con esta fresca e saborosa mestura, recheamos os noso sandwich.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito