Ir á receita en castelán
- 500 grs de peituga de polo picada
- 200 de salchicha fresca branca de cerdo
- 2 ovos
- 50 grs de xamón serrano
- 7 allos tenros
- Media ceboleta
- Medio pemento roxo
- Noces
- Pan relado
Unha vez pasado o mes de xullo, imos a ver se empezamos a coller un pouco de ritmo neste blog de gastronomía.
Imos a facer unha preparación moi fácil e que, ademais, nos vai a ir moi ben para este tempo de verán. Unha receita que podemos deixar feita con adianto, que lle vai a gustar os cativos, para unha merenda, para unha cena, etc. Moi versátil.
Engadir que se pode cambiar a carne de polo por carne de pavo, isto o voso gusto.
- Picamos os allos tenros, a ceboleta e o pemento roxo. Deixamos facer nunha tixola a lume brando e cando, as verduras estean no seu punto, retiramos e escoamos ben do aceite.
- Sacamos a carne das salchichas da pel e desmiuzando cas maos.
- Cortamos o xamón en tiras finas.
- Nun bol mesturamos a carne de polo, a das salchichas e o xamón.
- Engadimos as noces groseiramente picadas, os ovos batidos, as verduras reservadas e o pan relado. Salpimentamos e mesturamos ben todos os ingredentes cas maos.
- Non é necesario, pero si temos tempo, podemos deixar na neveira un par de horas antes.
- Botamos a nosa mestura nun molde, esparexemos un pouco de pan relado por riba e levamos ó forno uns 35 minutos a 180º (evidentemente forno prequecido).
- Comprobades pinchando un pauciño e fora do forno a arrefriar.
- Desmoldamos e listo para lonchear. Veredes que fai moi bo corte e non se desfai.
- Guarnición o voso gusto, eu nesta ocasión acompañeino de un salteado de verduras ó dente.
Xa vedes que con pouco traballo deixades preparado un prato que lle vai a gustar a todos.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito