Ir á entrada en castelán
- Chacina
- Pementon agridoce de La Vera La Chinata
- Aceite de oliva Virxe Extra La chinata
Unha das opcións que máis pide o público, cando de polbo se trata, é a presentación "A feira".
Posiblemente se trata da preparación máis sinxela, pero tamén é seguro que se trata da máis saborosa.
Pois ben, facéndolle un chisco, aquí imos a facer Cecina "A feira".
Non pode ser máis sinxelo e de preparación case inmediata, que nos vai a dar moi bo resultado, nestas ceas frías nas que non nos queremos complicar a vida.
O único segredo que ten o prato, son os produtos de boa calidade: unha boa chacina de León e uns bos "axudantes" que nos ofrece La Chinata.
- Pedimos que nos corten a chacina fina. Se a gardamos na neveira ata o uso, ter a precaución de sacala un tempo antes para que atempe.
- Poñemos a chacina no prato de servizo.
- Esparexemos o pementón pola chacina e regamos co aceite de oliva.
Xa temos listo un espectacular prato que acompañaremos de un bo pan.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito