Ir al contenido principal

Presa ibérica en prebe de pementa

Ir á receita en castelán

  •  4 filetes de presa ibérica grosos
  • Allos tenros
  • 100 ml de nata
  • Caldo de carne
  • 1 cullerada de pementa verde
  • Brotes de ensalada
  • Sal en escamas
  • Aceite





Hoxe imos a deixar as texturas dos peixes (non por moito tempo), e imos a ver como nos saen con unha peza de carne que é das mais saborosas do porco: a presa.
A presa é unha peza de gran calidade e que se incorpora as cociñas recentemente. Estamos diante de unha peza con unha grande infiltración de graxa na zona muscular, o cal fai que sexa moi agradable en boca. De cada porco saen dúas pezas de uns 500 gramos aprox. e se atopa situada entre a paleta e o cabecero do lombo. Podemos preparala de moitos xeitos, forno, filetes, brasa, asada, etc., pero é moi importante non pasarnos na cocción. Nos hoxe imos a tratala ó forno.

  1. Prequecemos o forno a 150º.
  2. Pasamos a carne, nunha tixola con un fío de aceite, co fin de selala ben por todos os lados e a poñemos nunha fonte de forno cun fondo de caldo de carne. Deixamos facer uns 10 minutos se queremos unha textura como a da foto. Se os vosos comensais a queren algo máis pasada, debedes darlle uns cinco ou oito minutos máis, comprobando se lle fixese falla algo máis de caldo de carne .
  3. Mentres se fai a carne e na mesma tixola que usamos para selar as pezas, salteamos os allos cortados en anacos. Engadimos a nata e a cullerada de pementa negra. Deixamos reducir o líquido.
  4. Presentamos a carne cortada en anacos grosos, salgamos con sal en escamas e salseamos co prebe de pementa.
  5. Podemos acompañar de unhas patacas fritas ou unha ensalada de brotes, aliñada con limón e aceite.
  6. Opción. Tamén podedes acompañar a carne, co prebe que deixa na bandexa do forno.
Xa vedes un prato de moi fácil execución, con un coste asumible e sobre todo un prato cheo de sabor. Nin que dicir ten que temos que servilo o máis quente posible.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es