Ir á receita en castelán
- 1 lámina de masa follada
- 2 lombos de salmón sen pel nin espiñas
- Follas tenras de espinacas
- Follas de alfábega
- Aneto
- Ceboliño
- 60 grs de manteiga
- 1 ovo
- Sal e pementa
Na receita de hoxe imos a usar unha masa que tan bos resultados nos da na nosa cociña: a masa follada.
Esta masa (eu sempre a merco feita) ademais de servirnos de envoltorio para o noso elemento principal, vai a aportar un lixeiro toque crocante que tanto nos gusta encontrar na nosa boca.
Neste caso o que imos a meter na masa é salmón, uns bos lombos de salmón. A textura do pescado, vai a ir no tempo que lle imos a dar de forno.
- Preparamos os lombos do salmón sen pel e sin espiñas. Repasalo ben, pois sería moi desagradable topar unha. Lavamos, secamos, salpimentamos e reservamos.
- Levamos a manteiga a textura de pomada, picamos a alfábega, o ceboliño e o aneto. Mesturamos as follas picadas ca manteiga.
- Estiramos a lámina de masa follada sobre o papel vexetal, que xa trae, e colocamos un lombo de salmón e untamos ca manteiga de herbas. Cubrimos con follas de espinacas picadas e poñemos por riba o outro lombo de salmón, ca parte que vai en contacto cas espinacas, tamén untado de manteiga. TRUCO para este paso, co fin de que non se abrande a base da masa, podemos poñer un fondo de pan relado e améndoa picada na base, antes de poñer o primeiro lombo.
- Dobramos a masa sobre o salmón, pechando ben nos bordes, facemos un lixeiro enreixado ca punta dun coitelo e pincelamos con ovo batido.
- Levamos ó forno, prequecido a 200º, uns 25 minutos se o queredes con unha textura tirando a medio pasado. Se o queredes ben pasado debemos deixalo uns 35 minutos.
- Deixamos atempar un pouco antes de cortalo.
Nota:
Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder
directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades
por un destes dous camiños:
No correo: olivarela@hotmail.es
No Facebock: http://www.facebook.com/boproveito