Ir al contenido principal

Anchoas en aceite e pan con tomate

Ir á receita en castelán

  • Anchoas en aceite
  • Pan chapata
  • Tomate en rama
  • Aceite e sal opcional (as anchoas veñen en aceite e salgadas)









A nosa receita de conservas de esta semana, non pode ser máis rápida, sinxela e saborosa.
Ó xa coñecido e famoso pan con tomate, imos a engadirlle un elemento que lle vai a dar un contraste moi interesante para a nosa boca.
Un dos mellores tomates para esta receita é o tomate en rama e o tomate, non hai que trituralo e logo poñelo por riba do pan, o tomate hai que refregalo ben contra o pan.

  1. Facemos as rebandas de pan e tostamos ata o punto de crocante. TRUCO, eu uso o forno, poño as rebandas no forno, arrancando de frío e a 200º durante cinco minutos. Non se tosta pero queda no punto crocante que nos interesa.
  2. Cortamos o tomate ó medio e refregamos ben sobre as nosas rebandas de pan.
  3. Regamos cada rebanda de pan con un pouco de aceite da lata e poñemos por riba unha ou dúas anchoas.
Xa vedes, como diciamos rápido, limpo e moi saboroso. Un delicioso aperitivo para os vosos xantares ou ceas frías.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es