Ir al contenido principal

Xouba en aceite de oliva, sobre humus e galleta mariñeira

Ir á receita en castelán

  • Xoubas en aceite de oliva
  • Humus
  • Galletas mariñeiras
  • Pimentón agridoce de La Vera









Hoxe volve a tocar receita con conservas. Coma sempre tratamos de que sexa o máis rápida e sinxela posible, coido que nesta cumprimos de maneira exacta cas premisas.
A base deste pincho son Galletas Mariñeiras, unha galleta que se presta para soportar máis que ben, as humidades dos prebes ou aderezos que lle poñemos por riba. Estas galletas son de fabricación galega baixo a marca Daveiga. O nome de mariñeiras venlle dado por ser a solución de abastecemento para os barcos. Estas galletas tamén eran chamadas "Pan mariñeiro", "Pan de barco". Resulta evidente o de mariñeiras.
Indo o noso pincho, collemos a galleta mariñeira e untamos sobre ela un pouco de humus, sobre o humus a nosa xouba (poñeremos dúas dependendo do tamaño), esparexemos un pouco de pimentón e regamos lixeiramente co propio aceite que trae a lata.
Penso que máis sinxelo non pode ser e imos a darlle categoría e valor engadido a unha simple lata de xoubas.
Este tipo de pinchos vannos a ir moi ben, de cara ó verao que xa está en portas.

Nota: Como me interesan os vosos comentarios e me gustaría responder directamente, vos agradecería que os comentarios ou consultas as fagades por un destes dous camiños:
No correo:     olivarela@hotmail.es